Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

VILLA ROMANA DE MOREIROA: a caminho de Mandin e Lamadarcos.

25.04.12, vero fillodateresa netodorevidas

Cando os romanos chegan as veigas do Támega, deciden darlle a Aquæ Flaviæ (Chaves) a categoría de municipio e centro de decisión para toda a comarca. Situada estratexicamente entre Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) no cruzamento da via XVII polo rio Tâmega, vai ser a civitas de referencia para tódolos castros espallados ao longo da ribeira do río Támega.

CHAVES  (Marc Darkin - CHAVES - PONTE DE TRAJANO - PANORÁMICA)

 

 

Logo de caminho val arriba pola veira esquerda, tópanse coa ribeira do righeiro do Soldan, e deciden vadear polas poldras de Lamadarcos caminho de Mandin. Aínda sendo un paso natural, seguramente tiveron que facer unha ponte de pouca altura pero bastante cumprida, dado que a veiga no inverno asolagase, tal vez tenha o nome de Lama d’arcos algo que ver con esta situación, e tal vez o orixe desta poboación tenha que ver con dita ponte, caminho de paso a Chaves, centro político i económico.

O caminho antiguo dos castreños que vinha de Mourazos e Tamaguelos, pasa polo Atallo, Alto do Lughar, Currizas, cruza o regheiro, sube ao castro de mandin (Castelo), baixa ate Moreiroa, collendo dirección  Lamadarcos para Chaves.

PONTE LAMDARCOS (http://historiasdaraia.blogspot.com.es/2009/01/lamadarcos-e-os-povos-promscuos.html)

 

  

Valerio, colono romano propietario destas terras, na procura dun asentamento estratéxico que lle permita explotar as fértiles terras, e ao mesmo tempo estar comunicado coa capital do municipio, decide fundar a súa Villae en Moreiroá.

Dende Moreiroá divisase un amplo territorio ate os montes da veira dereita do Tamega (Outeiro Seco, Vilamea, Vilafrade, Vilarinho, Vilarelho, Rabal, …) tamén se pode intuír Lamadarcos, e incluso Chaves.

As terras elexidas están reghadas polo regheiro que ven do Pousadoiro e do Burato, e que en primavera axuda a inundar Valdeporco, Carreghal e as Pozas, para desaugar no Támega pasando pola Cortinha do Muinho e a Lama...

VISTAS MOREIROA

 

 

Ate aquí a minha imaxinación, agora as probas (colaboración especial de Xico de Mandin, de Adegas Couto Mixto e da Taberna do Xico, promotor do ideario do couto mixto lamadarcos-mandin, e da recuperación e conservación da nosa historia da raia seca):

TABERNA XICO

 

TABERNA DO XICO DE MANDIN

-orais: de sempre falouse de que en Moreiroa houbo un asentamento antigo de onde se reutilizaron pedras de todo tipo e se toparon restos diversos.

-restos arqueolóxicos: tégulas, argamasas, cerámicas,  restos de columnas, moedas, pozo, etc.

RESTOS ROMANOS

RESTOS DA VILLA DE MOREIROA

 

 -situación física: terreo situado ao carón do caminho que vai a Lamadarcos e a Chaves,  con lixeira pendente non inundable e con amplísimas vistas,  ao carón de un regheiro de abundante auga que rega unha terra moi fértil onde abundaría o cultivo dos vinhedos.

VINHEDOS ROMANOS

VINHEDOS ROMANOS

 

 

Uma villa romana

(http://algarvivo.com/arqueo/romano/villa-romana.html)

http://algarvivo.com/arqueo/romano/villa-romana-grande.jpg

 

 

era uma moradia rural, cujas edificações formavam o centro de uma propriedade agrícola. Estas villae poderiam ser construídas em pequenas fazendas, dependentes do trabalho familiar, ou em grandes propriedades, com trabalhadores escravos.


A partir do século II a.C., as vilas, cada vez mais sofisticadas e elegantes, eram construídas, frequentemente, em torno de um pátio e eram localizadas de forma a integrar-se na paisagem. Com o passar dos tempos, começaram a ser edificadas como casas de campo para os ricos, sendo cultivadas por arrendatários ou sob supervisão de um administrador (vilicus). As moradias do estilo das villas espalharam-se pelas províncias romanas.


Durante o século IV, com o declínio do poder imperial de Roma, a civilização do tipo urbano descentraliza-se para as villae, sedes de grandes latifúndios e centros de poder político, económico e religioso.


Em tempos pós-romanos, a casa senhorial e a propriedade rural (e seus equivalentes em outros lugares na Europa ocidental) substituíram a vila e suas propriedades.


Villae:  pequenos povoados rurais, agrícolas, que podiam abrigar uma ou dezenas de famílias, eram constituído por uma pars rústica e uma pars urbana. As villae tinham uma especialização em produtos agrícolas ou piscícolas, tais como o vinho, o garum, o oleum.

Castelum :  este tipo de povoado foi concebido pelos romanos aproveitando-se os oppida anteriores, e reorganizando-os como posto militar. É errôneo considerá-los como simples oppida. Pode se considerar como um acampamento militar. É o mesmo que castrum ou castro.

 

RECOMPILACIÓN DE NOMES VERNÁCULOS DE FAUNA (MANDIN) Xosé Ramón Reigada

03.04.12, vero fillodateresa netodorevidas

RECOMPILACIÓN DE NOMES VERNÁCULOS DE FAUNA (MANDIN)

Xosé Ramón Reigada

http://verin-natural.blogspot.com.es/p/publicacions.html

 

“Imos presentar aquí unha escolma de nomes vernáculos de fauna recadados pola comarca de Monterrei e a região do Alto-Tâmega, incluíndo zonas limítrofes. Estas designacións foron recollidas preguntando directamente a persoas de idade avanzada e vencelladas principalmente aos traballos do campo. Moitas grazas e muito obrigado a todos pola atención prestada. A meirande parte destes nomes vernáculos foron recollidos polo ornitólogo galego Cosme Damián Romai Cousido. Moitas grazas polo labor.”sic.


Un dito recollido en Mandín (Verín) sobre o Cuco di: San José dalle a fala e San Pedro sácalla


Segundo nos contou o Tío Gherardo de San Cibrao, di que o Gharallo é o mesmo páxaro có Cuco, que cando vén non sabe cantar poque vai frío e entón 'gharalla', despois cando chega o bo tempo xa sabe cantar ben e entón fai "cucú-cucú-cucú"

O CUCO


 

 

Nas localidades do Riós cando vían unha Doniña dicíanlle así:

Doniña bonita

cazola queimada

mataches o home

coaquela machada

 

ESCOLMA DOS PROCEDENTES DE MANDIN:

Gharza

 Ardea cinerea

Ghabilán

 Accipitridae

Ghabilán pequeno

 Falco tinnunculus

Pita de auga

 Gallinula chloropus

Pernileiro

 Burhinus oedicnemus

Arieiro

 Charadrius dubius

Avefría

 Vanellus vanellus

Rola

 Streptopelia turur

Carreo

 Clamator glandarius

Moucho

 Strix aluco

Bufo

 Bubo bubo

Cruruxa

 Tyto alba

Moucho

 Athene noctua

Noitevoar

 Caprimulgus europaeus

Vencello

 Apus apus

Pito verdieiro

 Picus viridis

Fura pao

 Dendrocopos major

Pica pau

 Dedrocopos major

Cutuluvía

 Lullula arborea

Anduriña

 Hirundo rustica

Pío

 Anthus spp

Brandisa

 Motacilla alba

Lavandeira

 Motacilla alba

Vaqueira

 Motacilla flava

Carriza

 Troglodytes troglodytes

Ruiseñor

 Luscinia megarhynchos  Castelanismo

Rusinol

 Luscinia megarhynchos

Tanxo

 Oenanthe oenanthe

Pedreiro

 Oenanthe oenanthe

Tordo do país

 Turdus philomelos

Torda real

 Turdus viscivorus

Merla

 Turdus merula

Cheda

 Sylvia undata

Foleca

 Sylvia atricapilla

Fuleca

 Sylvia atricapilla

Trallón

 Ficedula hypoleuca

Ribideira

 Certhia brachydactyla

Cascarrollo

 Lanius senator

Picanzo

 Lanius meridionalis

Pegha

 Pica pica

Ghaio

 Garrulus glandarius

Estornino

 Sturnus unicolor

Papafigos

 Oriolus oriolus

Pintasilgo

 Carduelis carduelis

Verderol

 Carduelis chloris

Naviñeiro

 Carduelis cannabina

Ourizo cacheiro

 Erinaceus europaeus

Doniña

 Mustela nivalis

Tenxugho

 Meles meles

Rabisaco

 Martes martes

Murocegho

 Pipistrellus pipistrellus

Salamántigha

 Salamandra salamandra

Salamantra

 Salamandra salamandra

Sapa

 Alytes obstetricans

Ran

 Pelophylax perezi

Viberón

 Chalcides striatus

Lagharta

 familia Lacertidae

Ladra

 Tarentola mauritanica

Cobra

 familia Colubridae

Alacraio

 Buthus occitanus

 

Agradecer  o trabalho realizado por Xosé Ramón Reigada e cía, e animar aos vecinhos do Val do Támega tanto dun como do outro lado da fronteira, é mais en concreto aos de Mandin e Lamadarcos,  a colaborar na recuperación dos nomes vernaculos da nosa fauna e flora (aínda estamos a tempo)

 

Blog moito interesante de onde tiro a foto do cuco: PAXARADA de Juan Vilariño:

http://paxaradas.blogspot.com.es/